Non é un chiste: chámase eclipse!

Se miramos ao ceo durante o día, adoita verse o Sol. Mentres que, se é de noite, veremos a Lúa. Pero que pasa se a luz da Lúa e do Sol se cruzan no espazo?

Un eclipse é cando un corpo celeste tapa a luz doutro porque se aliñan dunha forma especial no ceo. Isto ocorre grazas aos movementos da Terra: a Terra xira sobre si mesma coma unha buxaina, así pasan o día e a noite. Tamén xira arredor do Sol, e cando dá unha volta enteira, pasa un ano. Existen dous tipos de eclipses: o de Lúa e o de Sol.

Eclipse de Lúa:
Sucede cando a Terra se pon entre o Sol e a Lúa. A sombra da Terra tapa a luz que chega á Lúa e, por iso, a Lúa vese escura ou vermella. Isto pasa cando hai Lúa chea e a Terra, o Sol e a Lúa están aliñados. O eclipse pode ser total ou parcial dependendo da posición da Terra.

Eclipse de Sol:
Ocorre cando a Lúa se pon entre a Terra e o Sol, bloqueando a luz do Sol. Entón, durante o día, o ceo escurece un pouco ou moito, coma se fose de noite durante uns minutos. Isto só sucede cada moitos anos, cando a Lúa, a Terra e o Sol se aliñan xusto en liña recta.

Anota as datas nas que poderemos ver estes dous fenómenos desde Galicia:

  • O próximo eclipse lunar total será o 7 de setembro de 2025. A mellor oportunidade para vela será xusto na saída da Lúa, arredor das 20:45–21:00.
  • O próximo eclipse solar total será o 12 de agosto de 2026. Un evento moi especial porque a Lúa tapará completamente o Sol e durante uns minutos o día volverase case noite durante moi pouco tempo. Esperase que ocorra entre as 19:30 e as 20:30 aproximadamente.

Lembra: para ver un eclipse de Sol hai que usar lentes especiais para non danar os ollos, porque mirar ao Sol directamente é perigoso.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.