O espectáculo de Bibopalula ultima en Rianxo os preparativos para a súa estrea

Rianxo acolleu a residencia técnica e artística da Banda do Bosque no auditorio da vila do Barbanza.

Rianxo acolleu a residencia técnica e artística da Banda do Bosque. No auditorio da vila do Barbanza, o equipo ultimou os detalles de son, iluminación, interpretación e escenografía gracias á colaboración do Concello, antes do inicio da xira de ‘Bibopalula · O Espectáculo‘ polos teatros de Galicia.

Como peche desta estancia, o alumnado dos colexios públicos da localidade asistiron a unha preestrea do espectáculo, unha función que permitiu ao equipo coñecer as primeiras impresións do público infantil adentrado nas aventuras de Robin, Carpin, Merli e Pegui.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.