O larpeiro de Carpin está moi enfermo

Comeu unha baga dunha árbore descoñecida, polo que terán que pedirlle axuda ao Señor Moucho.

O día comeza cos lamentos de Carpin, que se escoitan por todo o bosque. Está moi enfermo e, a pesar de chamar polos seus amigos, ninguén o escoita. Os paxaros da Banda do Bosque decátanse rapidamente da súa ausencia e deciden ir buscalo á súa casa.

Carpin non quere ir xunto ao médico do bosque, o Señor Moucho, porque sabe que se vai enfadar con el. Sabedes por que? Pois está malo por comer unha baga dunha árbore que non coñecía. É un verdadeiro larpeiro!

Haberá solución para a súa enfermidade? Enfadarase o Señor Moucho con Carpin por ser tan lambón?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.