As sorpresas para o público de Bibopalula á saída dos teatros

O espectáculo, que xira por Galicia durante todo o mes de xuño, é toda unha experiencia para as máis cativas e cativos que asisten ás funcións.

Cancións, bailes, luces, e por suposto, a Banda do Bosque sobre os escenarios. Robin, Carpin, Merli e Pegui sorprenden ás pequenas e pequenos espectadores do espectáculo de Bibopalula desde o primeiro minuto, cando os presenta Ava, a curiosa observadora de paxaros que protagoniza a obra.

O espectáculo é auténtica festa ao redor dunha historia sobre a que ninguén perde detalle: o Señor Moucho encarga á Banda atopar un tesouro e entre o ceo e as árbores non deixan de aparecer pistas.

E aínda que para saber o desenlace o mellor é asistir a algunha das funcións programadas todas as fines de semana de xuño, os agasallos que reciben todas e todos os asistentes ao marchar son do máis comentado.

O máis importante: a aventura continúa na casa! O mapa do tesouro que recolle a aventura que viviron os compoñentes da Banda do Bosque é unha das sorpresas que esperan ao público: un xogo con cinco etapas que inclúe cancións, debuxos e unha folla de adhesivos con todos os personaxes da serie. Ademais, as nenas e nenos levan tamén un io-io, que segundo comentan entre as nubes, está fabricado por Carpin co seu peteiro.

O espectáculo de Bibopalula está de xira ata finais de xuño, e as entradas están á venda en bibopalula.gal, onde tamén poden consultarse as datas e horarios.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.