O vento fai ruído ou música?

Os protagonistas de Bibopalula atopan unha pedra máxica.

Durante a noite soprou un vento fortísimo. Foi tan forte que unha rocha da montaña chegou arrolando ata o bosque. A Banda do Bosque, reunida ao redor desta pedra, debate sobre o vento e o seu son. Merli e Carpin din que é só ruído, mentres Pegui e Robin pensan que é música.

De súpeto, a rocha comeza a emitir sons musicais. Como pode ser? Será unha pedra máxica? A Banda do Bosque decide ir preguntar ao Señor Moucho para resolver este misterio.

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.