O Señor Moucho advertiu á Banda do Bosque da chegada deste fenómeno natural.
No bosque, o aire está frío e húmido, o que é un presaxio dun espectáculo de maxia natural.
O Señor Moucho advirte á Banda do Bosque de que probablemente hoxe deixarán de ver as rochas e as árbores debido á chegada dun fenómeno especial.
Xusto cando os nosos protagonistas están a falar diso, unha nube moi rara comeza a achegarse lentamente. Carpin decide ir buscar a Merli e Pegui para que a vexan. Robin advírtelle de que non é boa idea, pero como non o escoita, Carpin acaba levando un croque. Todo por non seguir os consellos do seu amigo!
Que é esa nube rara? Poderán vela Merli e Pegui?
Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.