Os protagonistas de Bibopalula non fan nada

Todos os días no bosque poden ser novas oportunidades para aprender cousas diferentes.

Non sempre poden pasar cousas, tamén ten que haber días tranquilos: deses nos que non pasa nada de nada.

A Merli e Pegui gustaríalles que pasase algo, pero non é o caso. Por iso deciden buscar a Robin e Carpin. Os catro paxaros da Banda do Bosque atópanse na mesma situación: non teñen nada que facer. Entón, ocórreselles ir visitar á Señora Curuxa; talvez ela teña algunha cousa que facer.

Cando chegan alí, danse conta de que ela tampouco ten ningún plan nin entretemento. Pero dilles algo moi curioso: si que lles pasa algo e o Señor Moucho pode dicirlles o que é.

Que será iso que lles pasa? E moito máis importante, por que non llo di ela directamente?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.