Pode o Señor Moucho trabucarse?

Os protagonistas de Bibopalula non entenden que iso sexa certo.

Hoxe no bosque será un día moi, moi especial. Probablemente un dos máis especiais. Pegui, Carpin, Robin e Merli debaten sobre algo moi curioso: estará trabucado o Señor Moucho? Parece imposible este debate, pero é certo.

Do que falan non pode verse polo día, senón durante a noite, e ademais ten que ver coa lúa.

Que será o que lles dixo o Señor Moucho para dubidar tanto del? Estará realmente trabucado? Ou sería todo unha trola?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.