Pombo, ademais de mensaxeiro, cómico

O escenario do bosque acolle un novo protagonista, pero nesta ocasión non é un cantante.

Non todo o mundo conta as historias do mesmo xeito. Algúns son aburridos por natureza, e outros poden facer rir ata sen querer. Unha cousa parecida pasa con Merli e Pombo.

Merli intenta contar historias, pero non se lle dá nada ben, non sabe; Pombo, en cambio, é un cómico natural: todos os seus contos son moi divertidos e interesantes. É por iso que a Banda do Bosque ten unha marabillosa idea: preparar unha actuación de Pombo para todos os paxaros do bosque.

Saberá Pombo facer rir a tanto paxaro xunto? Que aventuras contará?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.