Pontevedra e Vilalba reciben esta fin de semana á Banda do Bosque

O espectáculo de Bibopalula chega a dúas novas localidades galegas despois de vender máis de mil entradas na primeira fin de semana de xira, na Coruña e Santiago.

Robin, Carpin, Merli e Pegui, acompañados de Ava, prepáranse para a segunda fin de semana consecutiva de xira. Despois da estrea da pasada semana no Teatro Colón da Coruña, onde conquistaron a centos de nenos e nenas, e de pasar polo Auditorio ABANCA de Santiago o domingo, o equipo do espectáculo levará todos os encantos do bosque ao Auditorio Sede Afundación de Pontevedra (o sábado, ás 17.30 horas), e ao Auditorio Carmen Estévez de Vilalba (o domingo, ás 17.00 horas).

Serán dúas novas oportunidades para desfrutar do primeiro gran musical infantil en galego, dirixido por Marta Lado e protagonizado por Lidia Veiga, pensado para cativas e cativos de entre catro e oito anos. As entradas pódense mercar na web de Bibopalula tanto para as representacións desta fin de semana como para o resto das previstas no mes de xuño en Verín, Vigo, Cee e Ourense.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.