Merli, Robin, Pegui e Carpin deciden xuntar as súas voces, construír intrumentos e montar a Banda do Bosque.
O bosque é un lugar máxico, cheo de vida, movemento e sons. Se prestamos atención, podemos escoitar a voz do vento, o zunido dos insectos e a mellor melodía de todas: o canto dos paxaros.
Nesta ocasión, Merli decide dar un paso máis no seu amor pola música. Propónlle a Robin cantar xuntos. Aínda que ao principio Robin non está moi convencido, unha pequena proba en parella failles ver que poden lograr algo especial. Así que deciden sumar unha nova integrante, Pegui, que ten moito ritmo e unha voz potente. Únese ao proxecto sen dubidalo!
Mentres ensaian, Robin dáse conta de que precisan instrumentos para complementar as súas voces. A solución vén da man de Carpin, un picapau que traballa a madeira coma ninguén. Carpin acepta crear os instrumentos para o grupo, pero pon unha condición: quere formar parte da banda.
En poucos días, os instrumentos están listos, unha frauta, unha guitarra, un tambor… Coas súas voces e os instrumentos, nace oficialmente a Banda do Bosque. Tras varios días de ensaios, están preparados para o seu primeiro concerto, que ofrecen desde un escenario moi especial, a copa dunha árbore. O público? Paxaros, insectos e esquíos que non quixeron perder esta cita musical.
Descubre o primeiro capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal e mergúllate nesta historia chea de música, amizade e natureza.