Que está a pasar co ceo?

O Señor Moucho anuncia o que está a piques de suceder: a Banda do Bosque descubrirá un fenómeno extraordinario cando a Lúa comece a tinguirse de vermello.

O Señor Moucho nunca se trabuca. Por iso, cando anuncia que esa noite todos deben estar moi atentos, a Banda do Bosque queda intrigada. Que pode pasar?

Cando cae o sol, a Lúa aparece no ceo. Está chea, branca e moi bonita, como tantas outras noites. Pero esta vez hai algo diferente, porque pouquiño a pouco, a súa cor comeza a cambiar.

Robin, Carpin, Pegui e Merli non dan crédito ao que están vendo.

O Señor Moucho explícalles que, aínda que non sexa Entroido, a Lúa decidiu vestirse coa cor dos solpores.

Como pode a Lúa cambiar de cor? Para algúns membros da Banda do Bosque parece imposible. O Señor Moucho explícalles que a natureza está chea de cousas marabillosas que poden parecer imposibles ata que as vemos cos nosos propios ollos.

É unha eclipse lunar!

A Banda do Bosque queda fascinada con aquel momento tan especial. Porque hai noites nas que non fai falta ir moi lonxe para vivir unha gran aventura.

E se unha eclipse lunar pode facer que a Lúa cambie de cor, que pasará cando sexa o Sol o que desapareza por un momento?

Mañá teremos unha oportunidade para descubrilo. O 12 de agosto, o ceo volverá converterse nun auténtico espectáculo coa eclipse total de Sol que poderá verse desde os nosos bosques!

Así que, como Robin, Carpin, Pegui e Merli, só queda estar moi atentos.

Nunca se sabe que marabilla pode estar a piques de acontecer enriba das nosas cabezas…

Non perdades esta aventura no capítulo A eclipse de Bibopalula no Xabarin.gal 

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.