Que lle gusta á Señora Curuxa?

Unha moi boa amiga da Banda do Bosque está de aniversario, polo que terán que preparar un agasallo.

Hoxe é un día moi especial no bosque: o aniversario da Señora Curuxa! Robin ten unha gran idea: regalarlle algo especial. Pero que poden elixir? Pensan en cousas como unha bufanda de cores, uns lentes ou mesmo unha torta, pero nada lles parece axeitado. Deciden saír a voar un anaco, convencidos de que as mellores ideas sempre chegan no aire.

Ocorreralles un agasallo para a Señora Curuxa? Saberán os protagonistas de Bibopalula que as curuxas non teñen problemas de visión?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.