Descarga a app de Bibopalula para ver máis xogos coma este!

Quen fala?
Canto coñeces a Pegui, Merli, Robin e Carpin? Recoñeces a súas voces? Descobre quen fala!
Escoita con atención estas voces e o que contan. De que personaxe da Banda do Bosque se trata en cada caso?:
Pista: É presumida e elegante. Ás veces atopa cousas que non son súas e cústalle un pouco devolvelas.
Resposta
Pegui
Pista: É tranquilo e reflexivo, sempre pensa moi ben as cousas. Toca a guitarra moi ben e tamén ten un canto moi bonito.
Resposta
Merli
Pista: Sempre se lle ocorren moi boas ideas. Axuda aos seus amigos a poñerse de acordo cando se enfadan.
Resposta
Robin
Pista: Encántalle facer bromas, é moi traste. É famoso por ser o mellor carpinteiro do bosque.
Resposta
Carpin
