Robin visitará a cabalgata da Coruña montado no incrible Titánic

Tras converterse no contido máis visto en Xabarín.gal, Bibopalula sairá da pantalla para achegarse a todos os nenos e nenas da cidade da Coruña.

A carroza, en forma do barco “O Titánic”, formará parte da Cabalgata de Reis que terá lugar este domingo na Coruña e estará capitaneada Robin, o paporrubio protagonista desta exitosa serie musical.

Será unha oportunidade única para que os máis pequenos coñezan ao un dos seus ídolos da Banda do Bosque, protagonistas da primeira serie musical de animación en galego, dispoñible dende o 29 de novembro en Xabarín.gal.

O desfile comezará en Monelos e continuará por Pérez Ardá, Ramón y Cajal, A Palloza, Linares Rivas, Praza de Ourense, Cantóns, Avenida da Mariña e Porta Real, rematando o seu percorrido en María Pita.

Este ano, a temática da cabalgata xirará arredor do inverno máxico. Ademais, o percorrido contará con varios puntos accesibles e localizacións sen ruído, fomentando así unha cabalgata máis inclusiva e sen barreiras.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.