Ao bosque chegou algo nunca visto. Carpin foi o primeiro en avistalo: un paxaro enorme, con cores moi brillantes, voando dun xeito moi estrano. E ademais, había algo máis raro aínda: desde a súa cola pendía unha corda que chegaba ata o chan.
Robin, Pegui e Merli tamén quedaron fascinados. Algúns pensaban que podía ser un paxaro exótico, que viña de lonxe e que por iso falaría outro idioma. O certo é que todos estaban intrigados. Carpin decidiu achegarse e explorar e… vaia sorpresa!
Aínda que o que viron deixounos máis desconcertados do que xa estaban, o Señor Moucho explicoulles que non era un paxaro, senón un papaventos, un xoguete que voa co vento.
Queres ver como remata esta historia? Atoparían máis Papaventos?
Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal

