Un paxaro moi raro chega ao bosque

O Señor Moucho terá que axudar aos protagonistas de Bibopalula a resolver este enigma

Hoxe ao bosque chegou un paxaro moi raro. Un visitante tan diferente que ningún outro se lle parecía. Carpin, curioso coma sempre, fixouse no seu aspecto: era enorme, brillante, con cores fermosas, pero nada semellante aos outros paxaros do bosque. Non tiña cara de voitre, nin peteiro de voitre, nin a cor dun voitre, así que Carpin estaba seguro de que non se trataba dun voitre.

O que máis lle sorprendía era que non se movía; estaba na mesma posición durante media hora. Carpin intentou falar con el, pero non obtivo resposta. Tal vez non entendía o idioma dos paxaros do bosque.

O que máis intrigaba a Carpin era o longo fío que colgaba do seu corpo e chegaba ata o chan, onde un grupo de pequenos que non voan o tiñan agarrado. Decidiron que precisaban respostas, así que foron ao encontro do Señor Moucho.

Saberá o Señor Moucho que tipo de paxaro é? Falará outro idioma e, por iso, non responde cando lle falas? 

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.