Coa chegada da primavera, o bosque de Bibopalula énchese de vida. As árbores medran, as plantas florecen… e tamén regresan algúns visitantes moi especiais que veñen de lonxe.
Merli está especialmente nervioso, porque leva tempo agardando por eles e faille moita ilusión velos por primeira vez. Según din, estes paxaros son capaces de voar máis alto que as nubes pero tamén a ras do chan, facendo piruetas e acrobacias imposibles. Non paran de repetir que voan como ninguén. Robin, Pegui e Carpin, acompañan a Merli a un punto moi alto para poder observalos ben.
Cando por fin aparecen, non hai ningunha dúbida! Son os birrios. O seu voo rápido e hipnótico deixa a todos coa boca aberta. Semella que non paran nunca, nin sequera para descansar, e son capaces de facer cousas no aire que ningún outro paxaro pode imitar.
Carpin, fascinado, decide intentalo… pero pronto descobre que non é tan doado como parece. Aínda que queda un pouquiño disgustado, Robin e Pegui explícanlle que cada quen ten a súa maneira de facer as cousas e as súas propias habilidades, e iso é o que nos fai especiais.
Queredes descubrir como celebra a Banda do Bosque esta gran chegada?
Non perdades os capítulos de Bibopalula en Xabarin.gal.

