Uns novos visitantes

Chegan ao bosque os mellores voadores do mundo.

A primavera transforma o bosque. As árbores énchense de follas novas, as plantas medran, e algúns paxaros viaxeiros chegan desde moi lonxe para pasar o verán. Entre estes visitantes están os mellores voadores do mundo.

A Banda do Bosque pousa nun poste de madeira preto dunha lagoa, e agarda ansiosa a chegada dos novos visitantes. Pouco despois, estes paxaros aparecen. Son tan incribles que mesmo dormen voando e só se pousan nos niños para poñer ovos. Carpin, impresionado, desexa voar tan rápido coma eles.

Quen son estes paxaros? Poderá Carpin voar a tanta velocidade?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.