Pegui atopa algo que non é seu

Os amigos de Bibopalula buscan a axuda da Señora Curuxa para que Pegui devolva un anel.

Hoxe no bosque, Pegui está algo nerviosa. Mantén no peteiro un anel brillante e salta dun lado para outro, sen saber ben que facer con el. Cando Robin aparece, Pegui rapidamente o agocha a sortella.

Robin decatase da súa inquedanza e decide descubrir o segredo. Ao final, Pegui confesa que atopou o anel e que lle parece tan brillante e precioso que agora é seu. Robin explícalle que ese anel pertence a alguén e debe devolvelo. Pegui non está tan segura e cre que, se o atopou, agora é seu.

Sen embargo, todos os amigos da Banda do Bosque intentan facerlle ver a Pegui que a mellor opción é devolvelo. Finalmente buscan a axuda da Señora Curuxa.

Devolverá Pegui o anel? Aprenderá ademais algo novo?

Non perdas o capítulo de Bibopalula en Xabarin.gal.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.